jueves, 24 de mayo de 2012

CONCURSO DE JÓVENES INSTALADORES ELÉCTRICOS Y DE TELECOMUNICACIONES

 
ASINEC (a asociación de Eléctricos e Telecos de A Coruña) e FENIE (Eléctricos e Telecos de España) organizan, en colaboración con diversas marcas comerciais do sector, un concurso no que participa o noso alumno Marcos Fernández Gómez, de Cambre, que estudia 2º de CM de IEA.

No concurso, que se celebra no I.E.S. Calvo Sotelo o vindeiro 30 de Maio, un alumno de cada instituto da provincia ten que realizar unha proba práctica de montaxe de 7 horas de duración. O gañador participará na seguinte fase do concurso, a nivel nacional, en Madrid, coincidindo coa celebración da feria de material eléctrico MATELEC do 23 ao 26 de Outubro.

Moita sorte para Marcos!

miércoles, 16 de mayo de 2012

EXCURSIÓN 1º BACHARELATO

 

  O pasado e de Maio os alumnos de 1º de Bacharelato participaron unha excursión moi completiña, que ademáis foi a escusa para a convocatoria dun concurso á mellor fotografía do evento .

  Os excursionistas sairon ás 9 da mañá para ir directamente ao Mosteiro de Sobrado. Alí, divididos en dous grupos, fixeron unha visita guiada ao mosteiro de cincuenta minutos de duración. Despois dun breve descando en Sobrado de 15 minutos saíron do pobo, facendo unha pequena parada na Lagoa (10 minutos) para contemplar a paisaxe. Mágoa que neste tempo os nenúfares, tan abundantes na lagoa non están florecidos.

  O seguinte destino foi Narla, para visitar o Castelo e o museo etnográfico que se encontra no seu interior. Ao finalizar tocou coller de novo os buses cara a Lugo. Pero un quilómtetro antes de chegar a Friol un pequeno percance de circulación, no que só houbo que lamentar pequenos danos marteriais, obrigoulless a mudar os plans: Tiveron que comer en Friol en vez de ir a Lugo. Por  certo, algún participante na escapadiña asegura que en Friol cómese a mar de ben!!!!, así que o percance non foi tan de lamentar.

  Logo de comer, ás tres e media xa puideron iniciar a viaxe cara a Lugo, en buses novos. Entre unha cousa e outra alí tiveron pouco tempo, a penas 45 minutos para visitar as murallas, a catedral (por dentro non se podía porque estaba en obras) e sair xa en dirección ao Castro de Viladonga, onde ademais de  visitar o museo, proxectáronnos un video sobre o castro e vimos, xa no exterior os restos arquelóxicos do asentamento castrexo.

  Ao rematar, xa tocou o regreso a casa, chegando ao instituto ás oito menos dez. Por certo que o tempo foi bo e só tiveron que sufrir catro gotas estando en Friol.

  Como xa se informou onte a través do facebook, de entre todos os alumnos que se presentaron ao concurso de fotografía, resultou gañadora a alumna de 1º D Alba Vázquez Armesto. O premio lle será entregado esta tarde no acto de graduación de 2º de Bacharelato.

  Boa ponte a tod@s!!!!

martes, 8 de mayo de 2012

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 1º BACHARELATO

O I.E.S. Universidade Laboral convoca un concurso de fotografía dirixido aos alumnos de 1º de Bacharelato que acudiron á excursión organizada para eles o pasado 3 de Maio.
 
As bases son as seguintes:
- Cada candidato poderá presentar 3 fotografías como máximo. Cada foto non debe ocupar máis de 2 megas.
- En cada foto ou en documento separado debe inserirse un pé de foto no que figuren os datos do concursante.
- As fotografías deben enviarse á seguinte dirección de correo electrónico:  
 - A data límite de recepción será o 13 de Maio de 2012.

O premio para o gañador será unha tableta.

O gañador darase a coñecer o día 15 de Maio a través das redes sociais do centro, a web e o taboleiro de anuncios. O premio entregarase o 16 de Maio, no acto de graduación de 2º de Bacharelato.

lunes, 23 de abril de 2012

XA ESTÁ EN MARCHA O NOSO BLOG DE EMPREGO

  Desde a semana pasada xa cumplimos outra das asignaturas pendentes do centro: centralizar a información sobre búsqueda de emprego que poida resultar de interés para vós. 

  No noso blog de emprego, xestionado por un equipo dirixido pola profesora Ana Ginzo, atoparedes un montón de información interesante sobre o proceso de búsqueda de emprego, desde consellos para a elaboración do Curriculum Vitae, enlaces aos principais sitios webs de ofertas laborais, ata as ofertas de emprego das que teñamos coñecemento.

  Aquí tedes o enlace (que tamén podedes atopar no noso facebook e na nosa páxina web) para que empecedes a familiarizarvos con esta ferramenta tan útil:


  Botádelle unha ollada e facede suxerencias sobre como mellorar!

miércoles, 28 de marzo de 2012

TALA DE ÁRBORES


Desde hai uns días, os profes e alumnos que usamos as aulas do último corredor botamos en falta a que levaba sendo a nosa paisaxe durante moito tempo: As enormes e maxestuosas árbores que lle daban punto bucólico as nosas clases.


A dirección explicounos que era unha medida necesaria, e acatámola como tal, pero a verdade que se nos fai moi estraño non gozar das antigas vistas. Non é só unha cuestión estética, agora moléstanos máis o sol, o ruido da rúa, dos avións... Xa hai novas árbores plantadas, pero moito nos tememos que pasarán moitos anos ata que alcancen as fantásticas dimensións das súas predecesoras.


O alumno Jacobo García Roura, de 1º CS de Prevención de Riscos Profesionais encargouse das fotos  desta reportaxe, na que podedes apreciar o antes e o despois. Tedes máis no facebook. Jacobo tamén buscou seta cita de Rabindranath Tagore para facernos pensar:

jueves, 15 de marzo de 2012

VISITA AO GAIÁS


O pasado 2 de Marzo, os alumnos de 2º dos Ciclos Superiores de Eficiencia, Mantemento e Proxectos visitaron as instalacions de calefacción e aire acondicionado da Cidade da Cultura no Monte do Gaiás.

Entre outras cousas, puideron ver unha instalacion de xeotermia,un circuito hidráulico, a instalacion dun circuito de frio con todos os seus elementos e a sala de control, desde a que se pode controlar o perfecto funcionamento de todas as máquinas.

Ademáis, a visita foi a excusa perfecta para observar e analizar a arquitectura e deseño que seguen as cuadrículas das fachadas exterior e interior.

Os profesores Ramón Creo, Gustavo Rodríguez, Fernando Vidal, Miguel Sanmartin e Ana Ginzo acompañaron aos alumnos nesta saída tan interesante.

martes, 28 de febrero de 2012

UN CAMPIÓN DE FUTBOLÍN ENTRE NÓS!


Sabiades que entre os alumnos do IES Universidade Laboral contamos cun campión nacional de futbolín? O alumno Diego Legaspi Gasalla, do 2º curso do CS de Prevención de Riscos Profesionais, acadou este título na modalidade "Parado" no ano 2010 no campionato celebrado no Hotel Scala de Padrón. Xa no ano 2005 conseguira chegar á final aínda que non gañou o título, e desde entón o estivo intentando ata que finalmente o conseguiu.

No último campionato celebrado en Decembro de 2011 tamén en Padrón, Diego non conseguiu revalidar o título, aínda que acadou un meritorio 9º posto nesta modalidade, sendo eliminado polo novo campión, e ademáis quedou no  4º posto na modalidade "En movemento". Tede en conta que na primeira modalidade participan unhas 70 parellas, e na segunda unhas 100, polo que non está nada mal!

Ademáis do Campionato de España, Diego xa gañou tamén a Liga Nacional, e o Máster de Rábade en dúas ocasións.

Diego nos conta que "é un mundo un pouco freaky pero bonito á vez, xa que se experimenta a sensación de competir ao máximo nivel, e non hai mellor sensación que cando se consigue gañar. Ademáis, permíteche coñecer a moitísima xente de moitísimos lugares de España, e ábreche as portas a viaxar facendo o que che gusta".

Se estades interesados no tema, aquí tedes un par de enlaces:

www.mundofutbolin.com/

http://vimeo.com/17995627  (Éste é o enlace da última partida do campionato de 2010, cando Diego - arriba á esquerda - se proclamou campión)