jueves, 29 de septiembre de 2011

COMEZAMOS O CURSO!

Ola a todos! Dámosvos a benvida ao novo curso 2011-12! 

Probablemente xa notariades que estamos a cambiarlle a cara ao centro: Temos nova numeración de pasillos e aulas, e parece que o novo deseño dalle un pouquiño máis de cor á nosa rutina. Na mesma liña, neste ano trataremos de levar adiante outras novidades que fagan máis sinxelo o contacto co centro, entre elas, o emprego das redes sociais.

A Laboral ten agora conta en facebook, que empregaremos para avisos concretos, por exemplo, prazos de matrícula; e desde este blog trataremos de informarvos de todas as actividades levadas a cabo no centro. Próximamente abriremos contas en máis redes sociais.

Botádelle unha ollada, estamos abertos ás vosas suxestións.

Bo inicio de curso para todos, e vémonos por aquí!