jueves, 13 de octubre de 2011

CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

O pasado martes 11 de Outubro tivo lugar no centro unha concentración en defensa do ensino público e en contra dos recortes. O acto tivo lugar durante o recreo, de 12:10 a 12:30, na entrada do instituto. A nosa comunidade educativa sumouse así á protesta convocada en tódolos centros galegos.
A nosa protesta aparece tamén na prensa: http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/area-metropolitana/28462-b-noticia

miércoles, 5 de octubre de 2011

VISITA AO CHRISTIAN RADICH



Os alumnos de 1º do CS de Navegación, Pesca e Transporte Marítimo veñen de facer unha visita ao velero noruegués Christian Radich. O barco foi construido en 1937 coa finalidade de buque escola, e na actualidade ten capacidade para 80 estudantes, con ensinanzas de cociña, carpintería, e enxeñería. A xornada destes mariños en formación é de 4 horas de traballo e logo 8 horas libres, e así día e noite.

Se vos interesa o tema podedes botar unha ollada á súa páxina web: www.radich.no/en/front-page/. Incluso podedes inscribirvos nunha viaxe que sairá en Xaneiro desde Canarias. Pois non soa mal...
Tedes máis fotos no facebook da Laboral (Universidade Laboral Culleredo) e na páxina web do centro www.edu.xunta.es/centros/iescruceirobaleares