O pasado xoves 1 de Decembro os alumnos de 2º curso do CS de Prevención de Riscos Profesionais, acompañados da profesora Vanesa Lamazares, visitaron en Arteixo a Fundación Laboral de la Construción.
Alí tiveron oportunidade de empregar un simulador onde puideron comprobar in situ e de xeito práctico algúns dos conceptos explicados previamente na clase:
- Organización da obra
- Diversos sistemas de protección colectiva (sistemas de protección perimetral, redes, ...)
- Proteccións individuais: Sistemas anticaídas, onde los propios alumnos participaron en la colocación de una línea de vida provisional.
- Equipos de traballo: Andamios, plataformas de traballo, escaleras,...
- Maquinaria de elevación: Grúas.
Na foto podedes velos equipados como auténticos profesionais.
Máis información na nosa páxina do facebook! (Buscádenos como Universidade Laboral Culleredo)