miércoles, 28 de marzo de 2012

TALA DE ÁRBORES


Desde hai uns días, os profes e alumnos que usamos as aulas do último corredor botamos en falta a que levaba sendo a nosa paisaxe durante moito tempo: As enormes e maxestuosas árbores que lle daban punto bucólico as nosas clases.


A dirección explicounos que era unha medida necesaria, e acatámola como tal, pero a verdade que se nos fai moi estraño non gozar das antigas vistas. Non é só unha cuestión estética, agora moléstanos máis o sol, o ruido da rúa, dos avións... Xa hai novas árbores plantadas, pero moito nos tememos que pasarán moitos anos ata que alcancen as fantásticas dimensións das súas predecesoras.


O alumno Jacobo García Roura, de 1º CS de Prevención de Riscos Profesionais encargouse das fotos  desta reportaxe, na que podedes apreciar o antes e o despois. Tedes máis no facebook. Jacobo tamén buscou seta cita de Rabindranath Tagore para facernos pensar:

jueves, 15 de marzo de 2012

VISITA AO GAIÁS


O pasado 2 de Marzo, os alumnos de 2º dos Ciclos Superiores de Eficiencia, Mantemento e Proxectos visitaron as instalacions de calefacción e aire acondicionado da Cidade da Cultura no Monte do Gaiás.

Entre outras cousas, puideron ver unha instalacion de xeotermia,un circuito hidráulico, a instalacion dun circuito de frio con todos os seus elementos e a sala de control, desde a que se pode controlar o perfecto funcionamento de todas as máquinas.

Ademáis, a visita foi a excusa perfecta para observar e analizar a arquitectura e deseño que seguen as cuadrículas das fachadas exterior e interior.

Os profesores Ramón Creo, Gustavo Rodríguez, Fernando Vidal, Miguel Sanmartin e Ana Ginzo acompañaron aos alumnos nesta saída tan interesante.