martes, 29 de noviembre de 2011

HOMENAXE A COMPAÑEIROS XUBILADOS

O pasado venres 25 de Novembro tivo lugar no Pazo de Vilaboa a comida homenaxe aos compañeiros xubilados no pasado curso: Paulino Gasalla, Ángel Granell, Francisco López Saavedra, Gonzalo Méndez, Francisco Orduna, Antonio Pellón e José Tembrás.
A homenaxe foi a excusa perfecta para pasar un bo rato xuntos e reencontrarse con antigos compañeiros. Disfrutamos dun tempo estupendo, unha comida deliciosa e moitas risas.
Podedes ver máis fotos do evento no facebook da Laboral.

jueves, 24 de noviembre de 2011

PROXECTO DE INNOVACIÓN H2G

O IES Universidade Laboral está a colaborar co IEFPS USURBIL GLHBI e a empresa CIDETEC, do País Vasco, nun Proxecto de Innovación aplicada e de transferencia do coñecemento na Formación Profesional do Sistema Educativo.
Os días 14 e 15 de novembro tivo lugar en San Sebastián a primeira xuntanza do proxecto de innovación  "A pila de hidróxeno", no que se estudará a utilización do hidróxeno coma vector enerxético. Tamén se pretende crear unha ferramenta para a divulgación de alternativas coherentes co desenvolvemento sostible e o respecto co medio ambiente.
Nesta reunión na sede da empresa CIDETEC propúxose un calendario de reunións para traballar nas diferentes fases do Proxecto.
  • Nunha primeira fase recibirase formación entorno das diferentes tecnoloxías das pilas de hidróxeno, formación que será organizada polo persoal de CIDETEC, empresa que se adica ao I+D en varios campos da enxeñería sendo un de eles as baterías e as pilas de H2.
  • Nunha segunda fase redactaranse materiais didácticos cun formato teórico práctico orientado a alumnos de Formación Profesional.
  • A terceira fase consistirá na creación dun curso de formación a distancia por internet para formarse na pila de hidróxeno.

jueves, 17 de noviembre de 2011

OS ALUMNOS DE EFICIENCIA VISITAN SOTAVENTO


O pasado 3 de Novembro, os alumnos de primeiro e segundo curso do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e algúns dos seus profesores estiveron nas instalacións do Parque Eólico Experimental de Sotavento. Alí puideron visitar unha exposición permanente relacionada coas distintas formas de enerxía, a sala de control do parque onde lles explicaron o funcionamento deste tipo de instalacións. A maior interese centrouse na vivenda bioclimática que teñen no parque, que ademáis de estar construida con criterios bioclimáticos dispón de instalacións de enerxías renovables como os captadores fotovoltaicos da cuberta, un pequeno aeroxerador, calefacción por biomasa... Este edificio conta ademáis cun sistema de aproveitamento da auga de choiva e está dotado das últimas tecnoloxías para o control das instalacións.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

SECCIÓNS BILINGÜES



Os profesores Emilio Vázquez, José I. Vila, Eduardo Vizcarra, José L. Vázquez e Nuria Bernárdez, baixo a coordinación da profesora de inglés Carmen Otero están a impartir as cinco seccións bilingües coas que conta actualmente o I.E.S. Universidade Laboral. Todas son en inglés e impártense nos seguintes módulos de FP:
Relacións no Contorno de Traballo, no 2º curso do CS de Prevención de Riscos Profesionais.
- Sistemas e Circuitos Eléctricos no 1º curso do CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.
- Certificación Enerxética de Edificios e Configuración de Instalacións Solares Térmicas, ambas no 2º curso do CS de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
- Relacións no Equipo de Traballo no 1º curso do CM de Operación e Control de Máquinas e Instalacións do Buque.
Para os que non saibades en que consiste, unha sección bilingüe é a impartición dunha materia alternando o idioma propio e un idioma estranxeiro, de xeito que os alumnos adquiran competencias lingüísticas relacionadas con esa asignatura noutra lingua. 
As seccións bilingües englóbanse dentro das chamadas estratexias CLIL (siglas de "Content and Language Integrated Learning"), é dicir, Aprendizaxe Integrado de Contido e Lingua. Pois iso é o que intentan os profes das Seccións Bilingües: Que ao mesmo tempo que se aprende unha materia, se aprenda (ou polo menos se mellore) o noso coñecemento da lingua estranxeira.
Para un mellor desenvolvemento do contido lingüístico, aparte do apoio e asesoramento de Carmen Otero, contamos cun asistente de conversa, Robert Rojas, ao que seguro moitos de vós xa conoceredes.
Esperamos que cunda o exemplo, e contar con máis seccións bilingües no futuro!

viernes, 4 de noviembre de 2011

O NOVO LOOK DA LABORAL


Os que levades tempo con nós xa vos decatariades do novo aspecto que luce o noso centro neste curso: tanto os corredores centrais como os tranversais teñen asignada unha cor diferente e temos unha nova numeración de aulas. Grazas ao traballo dos profesores Gustavo Rodríguez e Javier Pacoret o centro presenta agora esta distribución:


Esperamos que todo vos pareza menos laberíntico a partir de agora... íso sí, as longas camiñadas polos corredores parece que non hai xeito de evitalas... ;-)