miércoles, 5 de octubre de 2011

VISITA AO CHRISTIAN RADICH



Os alumnos de 1º do CS de Navegación, Pesca e Transporte Marítimo veñen de facer unha visita ao velero noruegués Christian Radich. O barco foi construido en 1937 coa finalidade de buque escola, e na actualidade ten capacidade para 80 estudantes, con ensinanzas de cociña, carpintería, e enxeñería. A xornada destes mariños en formación é de 4 horas de traballo e logo 8 horas libres, e así día e noite.

Se vos interesa o tema podedes botar unha ollada á súa páxina web: www.radich.no/en/front-page/. Incluso podedes inscribirvos nunha viaxe que sairá en Xaneiro desde Canarias. Pois non soa mal...
Tedes máis fotos no facebook da Laboral (Universidade Laboral Culleredo) e na páxina web do centro www.edu.xunta.es/centros/iescruceirobaleares

No hay comentarios:

Publicar un comentario