miércoles, 9 de noviembre de 2011

SECCIÓNS BILINGÜES



Os profesores Emilio Vázquez, José I. Vila, Eduardo Vizcarra, José L. Vázquez e Nuria Bernárdez, baixo a coordinación da profesora de inglés Carmen Otero están a impartir as cinco seccións bilingües coas que conta actualmente o I.E.S. Universidade Laboral. Todas son en inglés e impártense nos seguintes módulos de FP:
Relacións no Contorno de Traballo, no 2º curso do CS de Prevención de Riscos Profesionais.
- Sistemas e Circuitos Eléctricos no 1º curso do CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.
- Certificación Enerxética de Edificios e Configuración de Instalacións Solares Térmicas, ambas no 2º curso do CS de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
- Relacións no Equipo de Traballo no 1º curso do CM de Operación e Control de Máquinas e Instalacións do Buque.
Para os que non saibades en que consiste, unha sección bilingüe é a impartición dunha materia alternando o idioma propio e un idioma estranxeiro, de xeito que os alumnos adquiran competencias lingüísticas relacionadas con esa asignatura noutra lingua. 
As seccións bilingües englóbanse dentro das chamadas estratexias CLIL (siglas de "Content and Language Integrated Learning"), é dicir, Aprendizaxe Integrado de Contido e Lingua. Pois iso é o que intentan os profes das Seccións Bilingües: Que ao mesmo tempo que se aprende unha materia, se aprenda (ou polo menos se mellore) o noso coñecemento da lingua estranxeira.
Para un mellor desenvolvemento do contido lingüístico, aparte do apoio e asesoramento de Carmen Otero, contamos cun asistente de conversa, Robert Rojas, ao que seguro moitos de vós xa conoceredes.
Esperamos que cunda o exemplo, e contar con máis seccións bilingües no futuro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario