miércoles, 16 de mayo de 2012

EXCURSIÓN 1º BACHARELATO

 

  O pasado e de Maio os alumnos de 1º de Bacharelato participaron unha excursión moi completiña, que ademáis foi a escusa para a convocatoria dun concurso á mellor fotografía do evento .

  Os excursionistas sairon ás 9 da mañá para ir directamente ao Mosteiro de Sobrado. Alí, divididos en dous grupos, fixeron unha visita guiada ao mosteiro de cincuenta minutos de duración. Despois dun breve descando en Sobrado de 15 minutos saíron do pobo, facendo unha pequena parada na Lagoa (10 minutos) para contemplar a paisaxe. Mágoa que neste tempo os nenúfares, tan abundantes na lagoa non están florecidos.

  O seguinte destino foi Narla, para visitar o Castelo e o museo etnográfico que se encontra no seu interior. Ao finalizar tocou coller de novo os buses cara a Lugo. Pero un quilómtetro antes de chegar a Friol un pequeno percance de circulación, no que só houbo que lamentar pequenos danos marteriais, obrigoulless a mudar os plans: Tiveron que comer en Friol en vez de ir a Lugo. Por  certo, algún participante na escapadiña asegura que en Friol cómese a mar de ben!!!!, así que o percance non foi tan de lamentar.

  Logo de comer, ás tres e media xa puideron iniciar a viaxe cara a Lugo, en buses novos. Entre unha cousa e outra alí tiveron pouco tempo, a penas 45 minutos para visitar as murallas, a catedral (por dentro non se podía porque estaba en obras) e sair xa en dirección ao Castro de Viladonga, onde ademais de  visitar o museo, proxectáronnos un video sobre o castro e vimos, xa no exterior os restos arquelóxicos do asentamento castrexo.

  Ao rematar, xa tocou o regreso a casa, chegando ao instituto ás oito menos dez. Por certo que o tempo foi bo e só tiveron que sufrir catro gotas estando en Friol.

  Como xa se informou onte a través do facebook, de entre todos os alumnos que se presentaron ao concurso de fotografía, resultou gañadora a alumna de 1º D Alba Vázquez Armesto. O premio lle será entregado esta tarde no acto de graduación de 2º de Bacharelato.

  Boa ponte a tod@s!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario